domingo, outubro 16, 2005

conversacións alleas

rapaz 01- No entiendo como ganan tanto dinero, de hecho no entiendo como venden eso y la gente lo quiere
rapaz 02- ...
rapaz 01- alguien debería hacer algo, se forran a costa de nosotros y todos tan tranquilos...
rapaz 02- que le vamos a hacer..Es la ley de la ofensa y la demanda.

Conversacións que se escoitan nos lugares públicos... Outra idea desas que un tiña e agora ve realizada.

terça-feira, setembro 13, 2005

Cartas ao director

Estes son os contidos dunha carta de dúas páxinas que atopei esta mañá ás 12:10 tirada diante da entrada da miña casa. Eu xa vira os papeis marelos onte a noite mentres paseaba a Ron, pero non lles prestei atención. Hoxe seguían no mesmo sitio, sen nada que os suxeitase, no chan diante da porta. Transcrita literalmente:

Querido Juan:
Si lo hice es porque te quiero y no te olvidare ( sic) aunque tu me perdones, tenía que contarte la verdad, era demasiado peso en mi corazón si no te lo decía.
No es mi culpa que mi pasado sea así. Yo no quería que te me enterases de esa forma dejaras por culpa de mis extrañas habilidades. El hechizo que viste lo hize por herror (sic) Espero que esta carta llegue a tus manos.

Na segunda páxina, escrita nunha caligrafía mais adulta e mais ilexible, continúa ( ou empeza de novo. Ou é outra mensaxe distinta grapada á anterior):

Las tardes a tu lado han sido inolvidables pero entiendo que ahora que conoces la verdad no desees volver a verme nunca jamás.
Cada vez que recuerdo tus besos tan cálidos y sinceros, un escalofrío recorre todo mi cuerpo.
Lo admito, me gustaría cambiar mi pasado pero no puedo y creo que la gente tiene derecho a equivocarse pero no sé si mi error tiene algún perdón. Te ruego lo pienses.
Siempre tuya
Angie

quarta-feira, agosto 03, 2005

Cultura Popular

Somentes neste pais un pode estar nun furancho diante dunha cunca de viño, unha empanada e unha tortilla de patacas e escoitar como o descoñecido veciño de mesa ( un labrego por xubilación, calvo, sonrosado e espilido) nos conta a todos como foi a misteriosa morte de Richard Strauss por triquinose. Ainda que investigacións posteriores convencéronme de que o posible morto por triquinose é en realidade Mozart, o que non esqueceu o narrador foi o papel do porco na historia, como arma do delito, cargada de triquinose.

terça-feira, junho 28, 2005

Se va el caimán.

se va el caimán

sexta-feira, maio 06, 2005

Eu Confeso

Confeso que cando vexo unha idea xenial nalgures, teño que frearme para non plaxiala. Por exemplo...