domingo, setembro 19, 2004

Atrapar a Shakespeare.

Disque as obras de William Shakespeare foron editadas coma pamfletos de baixa calidade chamados quartos polo xeito en que foron impresos. Estás edicións pataconeiras son as únicas fontes que os estudosos manexan para albiscar no universo do escritor que non deixou manuscritos. Ao xa coñecido misterio ao redor da identidade do escritor inglés, temos que engadir a incertidume que rodeia os proprios textos definitivos da súa dramaturxia. Shakespeare fuxe dun chimpo cando os miróns o queren atrapar.


ser ou non ser


Cada un dos quartos conten un texto lixeiramente modificado da obra. Dalgúns se pensa que funcionaron coma work in progress, coma versións de traballo do autor. Doutros mesmo se pensa que son a transcripción das lembranzas dun actor que participou nalgunha representación da obra orixinal. Shakespeare convértese asi nun disque-disque e vólvese a agochar dos que o persiguen. Si a investigación continúa, atoparán mais verbas e mais bocas que se enredan na orixe da súa obra ata facer dela unha maraña impenetrable. Os textos tamén son as veces prantas que se pechan sobre si mesmas.
Sexa o que for, a beleza tipográfica e formal dos quartos tal coma foron impresos é innegable. E o website da British Library encol do tema é un lugar perfecto para tentar atopa-la pista do coello que sae da chisteira forrada de pel de coello que algún día pode ser que pertencese a Shakespeare.

sábado, setembro 11, 2004

Espertar. Acostar.

espertares



Non hai moito que atopei esta frase, non sei onde, prendida dalgún papel, unha mañán moi cedo que ben podía ser unha noite moi longa.

Yo mismo, aunque parezca sorprendente, tengo hermosas ideas cada mañana. Pero la mayoría debo desecharlas porque su desarrollo necesita el acuerdo de lo real.

quinta-feira, setembro 09, 2004

Xornal do pobo

Aproveito estes intres para felicitar ó periodico checo Lidove noviny ( o xornal do pobo) que no ano 2001 decidiu rexeitar a tipografía creada por Stormtype para un redeseño da súa cabeceira despois de dous anos de traballo e seguir a utilizar a Times New Roman de Stanley Morison. E os felicito porque dende hai un tempo, nun moi honrado xesto pola súa parte, o deseñador da familia tipográfica decidiu que se non ía ser usada para o fin que foi deseñada, non pensaba gañar uns pesos con ela e decidiu poñe-las ó noso dispor de balde.

mostra de lido


sexta-feira, setembro 03, 2004

A imaxe do Forum

As ironías da vida van facer que mesmo a única boa lembranza ( cecais a única) que quede do Forum das culturas de Barcelona sexa o seu "logotipo". Hai tempo, cando esa marca foi apresentada por primeira vez, suscitouse en mini-d unha pequena discusión encol dese traballo. Naquel intre eu dubidaba do apropriado da solución e cuestionei (non sen certa pedantería) certos aspectos da mesma. O tempo pasou e cada vez fun apreciando mais unha imaxe corporativa contemporánea, diversa e tamén moi diferenciada.
Cal foi a miña sorpresa esta mesma noite cando descubro que en xullo deste ano o proprio Pablo Martín ( capitoste de grafica. o estudio responsable do traballo do forum e moitos outros mais) fai un comentario nese blog respondendo a algunha cuestión daquela discusión e, mais importante, nos facilita o acceso á presentación que fixeron para os organizadores do evento. É unha magnifica oportunidade para botar un ollo indiscreto nunha presentación allea e gañar unha perspectiva mais completa do traballo visto dende o ollo do deseñador.

calendario forum


A presentación en si non é algo espectacular, é mais un documento de traballo. Sorprendeume o apartado tempo, no que se representa a liña temporal dende a presentación ( cores frías) do forum ate a finalización do evento ( cores quentes) mediante a modificación do código cromático da marca. É unha solución inxeniosa para apresenta-lo desenrolo temporal dun evento importante. Non se pode dici-lo mesmo das solucións tipográficas adoptadas e dalgunhas aplicacións da identidade.
Mais o conxunto da presentación é un percorrido moi interesante por un proxecto destas características da man dos propios autores. Para botarlle unha ollada non tedes mais que seguir as sinxelas instruccións que nos facilita o proprio Martín:

Debéis ir a www.grafica-design.com y clicar en Portfolio. Entraréis en la antigua web. Ahí clicar en Presentations y después en Forum 2004. El password es pres2004.