sexta-feira, setembro 03, 2004

A imaxe do Forum

As ironías da vida van facer que mesmo a única boa lembranza ( cecais a única) que quede do Forum das culturas de Barcelona sexa o seu "logotipo". Hai tempo, cando esa marca foi apresentada por primeira vez, suscitouse en mini-d unha pequena discusión encol dese traballo. Naquel intre eu dubidaba do apropriado da solución e cuestionei (non sen certa pedantería) certos aspectos da mesma. O tempo pasou e cada vez fun apreciando mais unha imaxe corporativa contemporánea, diversa e tamén moi diferenciada.
Cal foi a miña sorpresa esta mesma noite cando descubro que en xullo deste ano o proprio Pablo Martín ( capitoste de grafica. o estudio responsable do traballo do forum e moitos outros mais) fai un comentario nese blog respondendo a algunha cuestión daquela discusión e, mais importante, nos facilita o acceso á presentación que fixeron para os organizadores do evento. É unha magnifica oportunidade para botar un ollo indiscreto nunha presentación allea e gañar unha perspectiva mais completa do traballo visto dende o ollo do deseñador.

calendario forum


A presentación en si non é algo espectacular, é mais un documento de traballo. Sorprendeume o apartado tempo, no que se representa a liña temporal dende a presentación ( cores frías) do forum ate a finalización do evento ( cores quentes) mediante a modificación do código cromático da marca. É unha solución inxeniosa para apresenta-lo desenrolo temporal dun evento importante. Non se pode dici-lo mesmo das solucións tipográficas adoptadas e dalgunhas aplicacións da identidade.
Mais o conxunto da presentación é un percorrido moi interesante por un proxecto destas características da man dos propios autores. Para botarlle unha ollada non tedes mais que seguir as sinxelas instruccións que nos facilita o proprio Martín:

Debéis ir a www.grafica-design.com y clicar en Portfolio. Entraréis en la antigua web. Ahí clicar en Presentations y después en Forum 2004. El password es pres2004.