domingo, novembro 28, 2004

letras con contido

Xa é hora, querido pirata, de que merques as tipografías que usas. Esta é unha boa oportunidade de facelo, conseguir unha revista e un par de carteis deseñados por emigre e eboy, xa de paso axudarás en proxectos de construcción en India e darás unha oportunidade a alguns orfos de Uganda. Menudo choio.

quinta-feira, novembro 25, 2004

Polo lombo

Esta podería ser unha forma de organizar a miña biblioteca. Unha forma definitiva de abrazar a miña profesión e cargar o meu mosquetón detrás da bandeira da forma para darlle o seu merecido ó fondo.

quinta-feira, novembro 11, 2004

Política

¿Cara onde nos diriximos se a esquerda sofre de complexo de Edipo e a dereita sofre dun agudísimo síndrome de Estocolmo?