domingo, fevereiro 27, 2005

Ven de cumplirse o oitavo cabodano do asasinato dun tal Jose Luis Cabezas na Arxentina. Non sei moi ben quen era este nacho, o que me ten indignado é que un dos responsabeis da súa morte é Krusty. Vía Visualmente, outro blog adicado o deseño, sobre todo de xornais. Aí mesmo podemos atopar as breves reflexións de Rodrigo Sanchez, o multipremiado director de arte dos suplementos do xornal El Mundo, e a partires dagora coñecido como "o único non americano ó que os americanos respeitan".

Revistas
, revistas, revistas, revistas, revistas. Canto me gustan e qué pouco me gusta le-las. Menos ainda que os xornais.

Xulgando os libros polas súas cubertas. E non perdan o logo, por favor.

As tipografías do 2004. Según Typographica, claro. Para outros segue a ser a maldita Helvetica.

Procrastination «Only Robinson Crusoe had everything done by Friday.» —Author Unknown.
Vía Soberan

sexta-feira, fevereiro 18, 2005

Veño de recibir no correo o cartel de yulisan. Si, a medium que traballaba co profesor Alba. Agora ando na busca dun cartel de Kellar o mago. ¿poderá ebay facerme feliz? E xa que estamos, quero saber por qué ós magos lles soplan na orella uns demos vermellos e pequerrechos.

David Byrne ten un blog. De sempre foi unha mestura de artista naif e downtown cultureta, asi que o blog chámase "a miña vida ó revés" ( my backwards life). Moita viaxe, algo de música e un pouco de cotilleo cultural.

Anuncio nova tendencia literaria: Axiña veremos moitas novelas publicadas coma unha colección de contos. Non unha recompilación de contos. Mais ben unha serie de historias aparentemente independentes pero que conforman unha historia xeral. Unha trama global e tramas episódicas para cada conto. Como unha serie de TV. Perfectamente deseñada para os nosos despistados cerebriños de mosca. A min paréceme ben e a idea non é tan nova, pero crédeme, pronto veremos moitos deses. Cada vez cústanos mais manter a atención nunha historia longa. De feito eu son famoso por empezar a ler un libro de microrrelatos hiperbreves e deixar un deles pola metade.

Vellas tiras comicas. De sempre o meu favorito é Krazy kat. O debuxo dese rato é sen dúbida unha obra mestra. Ten un aire co Sparky de Chris Ware. Ademais de talentoso debuxante e aburrido guionista, Ware é un deseñador gráfico de altura. E un tipógrafo de maior altura ainda. Agora alguén recopilou e construiu algunhas personaxes e lugares que aparecen nos libros de Jimmy Corrigan, O pícaro mais listo da terra e os números da Acme Novelty library.

Ai, as fotos de Richard Ross. Tantas e tan boas.

sábado, fevereiro 12, 2005

Sempre quixen facer unha colleita (fotográfica para comezar) de carteis, sinais, rótulos, luminosos e demais Efímera Popular Galega denantes que a cocacola e mais a estrellaghalisia acaben con todo-los restos de valor. Si, seica como se fai en América cos carteis de onte e de hoxe, cos rótulos en Pittsburgh ou coas licorerías de Nova Iorque, cos cadavres de Las Vegas, cos sensacionais mexicanos, ou o que fixo o deseñador América Sanchez con Barna.

commy


Un libro que se poida mercar nunha libraría xeitosa, un pouco coma o bookstop de Houston, TX, un teatro/cinema reconvertido en libraría, co seu café incluido. Unha vez rematado o libro, se non atopo editorial que o queira publicar , tamén consta nos meus plans crear unha editorial como esta, e publicar libros tan fermosos coma este. Ou, alomenos, libros con portadas así de boas e contidos tan mediocres como todos os demais..

Por suposto crearei esa editorial na capital editorial da Galiza ( pausa valorativa). Capital asardiñada da gueivota. Gueivota coma rata do ceo, non como luminosa máquina de voar.

sexta-feira, fevereiro 11, 2005

Como xa uso este blog somentes como almacén de ligazóns, aí va un feixe delas:

Por suposto compre comezar recomendando a estupenda opera prima da pouco "prima" estrela mediática e nembargantes amiga, Almu.

Non é improbable que algún día atopemos o libro de Almu neste blog no que podemos atopar as cubertas dos libros que aparecen na prestixiada lista do Niu Llor Taims.

O blog de Keith Tam, profesor de deseño e tipógrafo. A súa fonte Arrival xa está na miña lista da compra.

Un blog sobre deseño de xornais con especial atención a novidades dentro do sector e redeseños de cabeceiras famosas. Ogallá os responsables de certo periodico local tome nota. Mesmo conseguiría ser mais Xornal que Local.

Os resultados dun concurso de deseño no que me gustaría destacar esta aportación, esta e por suposto esta