sexta-feira, fevereiro 18, 2005

Veño de recibir no correo o cartel de yulisan. Si, a medium que traballaba co profesor Alba. Agora ando na busca dun cartel de Kellar o mago. ¿poderá ebay facerme feliz? E xa que estamos, quero saber por qué ós magos lles soplan na orella uns demos vermellos e pequerrechos.

David Byrne ten un blog. De sempre foi unha mestura de artista naif e downtown cultureta, asi que o blog chámase "a miña vida ó revés" ( my backwards life). Moita viaxe, algo de música e un pouco de cotilleo cultural.

Anuncio nova tendencia literaria: Axiña veremos moitas novelas publicadas coma unha colección de contos. Non unha recompilación de contos. Mais ben unha serie de historias aparentemente independentes pero que conforman unha historia xeral. Unha trama global e tramas episódicas para cada conto. Como unha serie de TV. Perfectamente deseñada para os nosos despistados cerebriños de mosca. A min paréceme ben e a idea non é tan nova, pero crédeme, pronto veremos moitos deses. Cada vez cústanos mais manter a atención nunha historia longa. De feito eu son famoso por empezar a ler un libro de microrrelatos hiperbreves e deixar un deles pola metade.

Vellas tiras comicas. De sempre o meu favorito é Krazy kat. O debuxo dese rato é sen dúbida unha obra mestra. Ten un aire co Sparky de Chris Ware. Ademais de talentoso debuxante e aburrido guionista, Ware é un deseñador gráfico de altura. E un tipógrafo de maior altura ainda. Agora alguén recopilou e construiu algunhas personaxes e lugares que aparecen nos libros de Jimmy Corrigan, O pícaro mais listo da terra e os números da Acme Novelty library.

Ai, as fotos de Richard Ross. Tantas e tan boas.