quinta-feira, março 03, 2005

Se fora eu un ghicho deses moi taxantes e categóricos, diría que so me interesa a xente dun tipo, diría moi rufo: Eu somentes aturo ós artesans. Pero non son tal.
De tódolos xeitos, voume decatando que teño un interese especial po-la xente que usa as mans para face-lo seu traballo. De sempre me fascinaron os músicos, os cociñeiros, os ebanistas ( carpinteiros de ribeira valenme tamén), os maquetistas, os pintores, os canteiros, os deseñadores e mai-los escultores, os arquitectos que construen, os xardineiros, os debuxantes, os impresores, os albaneis, os pescadores e , dende hoxe mesmo, os xastres.