segunda-feira, abril 04, 2005

Gunkanjima, mon amour

Despois de moitos traballos e moitas desganas, de paróns e recomezos, de ledicias variadas, dispúñame a retomar este abandonado blog e facelo relatando a historia de Gunkanjima, a illa barco-de-guerra que está a unhas millas da costa de Xapón. Parecíame unha historia atrainte e misteriosa da que nunca oira falar. Fun documentarme a google e quedei estarricado cun dato: Ademais das páxinas xaponesas e anglosaxonas que falan da illa, no posto 10 da busca aparece un post escrito en galego no blog de Galupín que fala sobre o tema.

O post comeza asi:
"Cando atopei Gunkanjima non me sorprendeu tanto a curiosidade da súa existencia como a sensación de que algo así tiña que existir. (...)"

Pois ben, Galupín, eu podería ter pensado o mesmo sobre un post escrito en galego sobre Gunkanjima. Pero fun un home de pouca fe.