quarta-feira, agosto 03, 2005

Cultura Popular

Somentes neste pais un pode estar nun furancho diante dunha cunca de viño, unha empanada e unha tortilla de patacas e escoitar como o descoñecido veciño de mesa ( un labrego por xubilación, calvo, sonrosado e espilido) nos conta a todos como foi a misteriosa morte de Richard Strauss por triquinose. Ainda que investigacións posteriores convencéronme de que o posible morto por triquinose é en realidade Mozart, o que non esqueceu o narrador foi o papel do porco na historia, como arma do delito, cargada de triquinose.