tag:blogger.com,1999:blog-79671432007-05-02T17:22:06.905+02:00ghrafica.f. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.comBlogger36125tag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1129427348771150362005-10-16T03:43:00.000+02:002005-10-16T03:50:33.613+02:00conversacións alleasrapaz 01- No entiendo como ganan tanto dinero, de hecho no entiendo como venden eso y la gente lo quiere
rapaz 02- ...
rapaz 01- alguien debería hacer algo, se forran a costa de nosotros y todos tan tranquilos...
rapaz 02- que le vamos a hacer..Es la ley de la ofensa y la demanda.

Conversacións que se escoitan nos lugares públicos... Outra idea desas que un tiña e agora ve realizada.
f. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1126568980171456812005-09-13T01:35:00.000+02:002005-09-13T15:13:37.823+02:00Cartas ao directorEstes son os contidos dunha carta de dúas páxinas que atopei esta mañá ás 12:10 tirada diante da entrada da miña casa. Eu xa vira os papeis marelos onte a noite mentres paseaba a Ron, pero non lles prestei atención. Hoxe seguían no mesmo sitio, sen nada que os suxeitase, no chan diante da porta. Transcrita literalmente:

Querido Juan:
Si lo hice es porque te quiero y no te olvidare ( sic) aunque tu me perdones, tenía que contarte la verdad, era demasiado peso en mi corazón si no te lo decía.
No es mi culpa que mi pasado sea así. Yo no quería que te me enterases de esa forma dejaras por culpa de mis extrañas habilidades. El hechizo que viste lo hize por herror (sic) Espero que esta carta llegue a tus manos.

Na segunda páxina, escrita nunha caligrafía mais adulta e mais ilexible, continúa ( ou empeza de novo. Ou é outra mensaxe distinta grapada á anterior):

Las tardes a tu lado han sido inolvidables pero entiendo que ahora que conoces la verdad no desees volver a verme nunca jamás.
Cada vez que recuerdo tus besos tan cálidos y sinceros, un escalofrío recorre todo mi cuerpo.
Lo admito, me gustaría cambiar mi pasado pero no puedo y creo que la gente tiene derecho a equivocarse pero no sé si mi error tiene algún perdón. Te ruego lo pienses.
Siempre tuya
Angief. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1123038845199839712005-08-03T03:03:00.000+02:002005-08-03T05:14:05.206+02:00Cultura PopularSomentes neste pais un pode estar nun furancho diante dunha cunca de viño, unha empanada e unha tortilla de patacas e escoitar como o descoñecido veciño de mesa ( un labrego por xubilación, calvo, sonrosado e espilido) nos conta a todos como foi a misteriosa morte de Richard Strauss por triquinose. Ainda que investigacións posteriores convencéronme de que o posible morto por triquinose é en realidade Mozart, o que non esqueceu o narrador foi o papel do porco na historia, como arma do delito, cargada de triquinose.f. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1119917187450425092005-06-28T01:32:00.000+02:002005-06-28T02:07:23.310+02:00Se va el caimán.

f. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1113702299628233022005-05-06T03:35:00.000+02:002005-05-06T03:35:03.276+02:00Eu ConfesoConfeso que cando vexo unha idea xenial nalgures, teño que frearme para non plaxiala. Por exemplo...f. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1113447222363411052005-04-16T03:13:00.000+02:002005-04-16T03:12:06.066+02:00InconstrucciónHai verbas que se pegan a nosa lingua como esas parviñas moscas adheridas á tira de cola que poñían antes nas tascas. Xa está a quedar algo murcho o termo, pero levamos unha época farturenta de deconstrucción. Creo que non houbo cousa, idea o concepto que non fora sometido ao alquímico proceso da deconstrucción. Eu que nunca fun moito de filosofías ( iso llo deixo ao Juanjo), sempre imaxinei a deconstrucción como a matanza pero sen berros. Unha operación limpa e precisa no corpo suoroso das ideas. Preciso pois o símil: A deconstrucción é como a matanza do porco seguindo as instruccións da Xunta.
Pode ser que a deconstruida deconstrucción sexa substituida no falar cotián por outra palabra. Se se me permite, eu voto porque sexa a inconstrucción. A inconstrucción trata simplemente do que non se fixo, asi que si esta verba triunfa no hit parade do léxico, a todos nos será moi doado atopar o momento de usala. Estamos feitos en parte do que deixamos de facer.
Por exemplo, Stalin, ese terno e sorrinte avó, que lamentablemente para os rusos non era moi dado a inconstruir as súas cadeas siberianas, imaxinou unha Moscova digna do capitán sky que deixou, claro, inconstruida. LeCorbusier tamén ten a súa casa dominó inconstruida, e iso que era unha solución habitacional do mais xeitosa. Tódolos arquitectos, pintores e creativos teñen o seu alpendre cheo de inconstruccións que podería listar aqui ate o infinito, pero iso son inconstruccións privadas, que se suman ó cento de abandonos e preguizas que todos levamos nas costas, colgados coma un paraugas da chaqueta dun vello.
As inconstruccións comúns son as que nos acompañan como espectros, non coma lastres. As que afectan a unha cidade, a un pobo enteiro, a unha cultura. Eses xiros dos acontecementos que impediron a realización dun pasado distinto. As ilusións truncadas. As inconstruccións que parecen de fume son as lendarias e as sentimentais. Por exemplo, o Vigo que nunca foi. Aí temos unha inconstrucción que funciona como unha lenda urbana nas conversas da intelligentsia e mesmo da pailántsia. Unha cidade que rivalizaría co da Stalin, co Nova Iorque do flatiron, coas metrópoles atlánticas. Unha cidade inconstruida que vive como recordatorio no medio das rúas da cidade real. Un arrepentimento. Un foi que non foi.

Teño un proxecto gardado na carpeta das inconstruccións que consistiría en traer as cidades incostruidas a visitar as cidades feitas. Hai edificios que foron destruidos porque eran o comezo da cidade inconstruida e cando se abandonou o proxecto, foron borrados do mapa como si da proba dun delito se tratara. Hai maquetas dos proxectos inconstruidos. Hai maquetas destruidas de cidades inconstruidas. Hai debuxos e planos. O meu proxecto consistiría en usar uns potentes proxectores para superpoñer as imaxes do que non foi sobre a faciana do que é. Unha forma de engadir á realidade unha capa de futuribles resesos. Unha viaxe no tempo ( non sei se o pasado ou o futuro). O meu proxecto está deseñado só para poder ser visto de noite, cando as pantallas de proxección das fachadas se prestan a estes xogos. E podería ser un bo momento, unha noite calquera, na que un peatón vai ver as pantasmas da súa cidade, na que sae por fin as rúas a santa compaña do urbanismo.

Hai unha regla non escrita no eido da creación: Si un proxecto inconstruido se fai público nun foro que non propiciará a súa construcción, a súa posta en común funciona coma a súa acta de defunción. Poderá resucitar nas mans doutro, pero é difícil que quen o comparte reuna xa nunca as forzas para realizalo físicamente. O seu enunciado sustitue a súa presenza. Asi que, se non hai algún xestor cultural, mecenas ou demente adiñerado a ler esto, sabede que esto que vindes de ler é unha pedra nova no grande galpón da inconstrucción.f. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1110071653282996642005-04-04T04:14:00.000+02:002005-04-02T05:33:58.890+02:00Gunkanjima, mon amourDespois de moitos traballos e moitas desganas, de paróns e recomezos, de ledicias variadas, dispúñame a retomar este abandonado blog e facelo relatando a historia de Gunkanjima, a illa barco-de-guerra que está a unhas millas da costa de Xapón. Parecíame unha historia atrainte e misteriosa da que nunca oira falar. Fun documentarme a google e quedei estarricado cun dato: Ademais das páxinas xaponesas e anglosaxonas que falan da illa, no posto 10 da busca aparece un post escrito en galego no blog de Galupín que fala sobre o tema.

O post comeza asi:
"Cando atopei Gunkanjima non me sorprendeu tanto a curiosidade da súa existencia como a sensación de que algo así tiña que existir. (...)"

Pois ben, Galupín, eu podería ter pensado o mesmo sobre un post escrito en galego sobre Gunkanjima. Pero fun un home de pouca fe.f. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1109809355312237622005-03-03T01:17:00.000+01:002005-03-06T02:14:56.003+01:00Se fora eu un ghicho deses moi taxantes e categóricos, diría que so me interesa a xente dun tipo, diría moi rufo: Eu somentes aturo ós artesans. Pero non son tal.
De tódolos xeitos, voume decatando que teño un interese especial po-la xente que usa as mans para face-lo seu traballo. De sempre me fascinaron os músicos, os cociñeiros, os ebanistas ( carpinteiros de ribeira valenme tamén), os maquetistas, os pintores, os canteiros, os deseñadores e mai-los escultores, os arquitectos que construen, os xardineiros, os debuxantes, os impresores, os albaneis, os pescadores e , dende hoxe mesmo, os xastres.f. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1108691523812383022005-02-27T20:08:00.000+01:002005-02-27T20:08:36.563+01:00Ven de cumplirse o oitavo cabodano do asasinato dun tal Jose Luis Cabezas na Arxentina. Non sei moi ben quen era este nacho, o que me ten indignado é que un dos responsabeis da súa morte é Krusty. Vía Visualmente, outro blog adicado o deseño, sobre todo de xornais. Aí mesmo podemos atopar as breves reflexións de Rodrigo Sanchez, o multipremiado director de arte dos suplementos do xornal El Mundo, e a partires dagora coñecido como "o único non americano ó que os americanos respeitan".

Revistas, revistas, revistas, revistas, revistas. Canto me gustan e qué pouco me gusta le-las. Menos ainda que os xornais.

Xulgando os libros polas súas cubertas. E non perdan o logo, por favor.

As tipografías do 2004. Según Typographica, claro. Para outros segue a ser a maldita Helvetica.

Procrastination «Only Robinson Crusoe had everything done by Friday.» —Author Unknown.
Vía Soberanf. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1108228947711772072005-02-18T18:03:00.000+01:002005-02-19T03:23:55.076+01:00Veño de recibir no correo o cartel de yulisan. Si, a medium que traballaba co profesor Alba. Agora ando na busca dun cartel de Kellar o mago. ¿poderá ebay facerme feliz? E xa que estamos, quero saber por qué ós magos lles soplan na orella uns demos vermellos e pequerrechos.

David Byrne ten un blog. De sempre foi unha mestura de artista naif e downtown cultureta, asi que o blog chámase "a miña vida ó revés" ( my backwards life). Moita viaxe, algo de música e un pouco de cotilleo cultural.

Anuncio nova tendencia literaria: Axiña veremos moitas novelas publicadas coma unha colección de contos. Non unha recompilación de contos. Mais ben unha serie de historias aparentemente independentes pero que conforman unha historia xeral. Unha trama global e tramas episódicas para cada conto. Como unha serie de TV. Perfectamente deseñada para os nosos despistados cerebriños de mosca. A min paréceme ben e a idea non é tan nova, pero crédeme, pronto veremos moitos deses. Cada vez cústanos mais manter a atención nunha historia longa. De feito eu son famoso por empezar a ler un libro de microrrelatos hiperbreves e deixar un deles pola metade.

Vellas tiras comicas. De sempre o meu favorito é Krazy kat. O debuxo dese rato é sen dúbida unha obra mestra. Ten un aire co Sparky de Chris Ware. Ademais de talentoso debuxante e aburrido guionista, Ware é un deseñador gráfico de altura. E un tipógrafo de maior altura ainda. Agora alguén recopilou e construiu algunhas personaxes e lugares que aparecen nos libros de Jimmy Corrigan, O pícaro mais listo da terra e os números da Acme Novelty library.

Ai, as fotos de Richard Ross. Tantas e tan boas.f. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1108177847585612392005-02-12T03:46:00.000+01:002005-02-15T17:56:20.096+01:00Sempre quixen facer unha colleita (fotográfica para comezar) de carteis, sinais, rótulos, luminosos e demais Efímera Popular Galega denantes que a cocacola e mais a estrellaghalisia acaben con todo-los restos de valor. Si, seica como se fai en América cos carteis de onte e de hoxe, cos rótulos en Pittsburgh ou coas licorerías de Nova Iorque, cos cadavres de Las Vegas, cos sensacionais mexicanos, ou o que fixo o deseñador América Sanchez con Barna.

Un libro que se poida mercar nunha libraría xeitosa, un pouco coma o bookstop de Houston, TX, un teatro/cinema reconvertido en libraría, co seu café incluido. Unha vez rematado o libro, se non atopo editorial que o queira publicar , tamén consta nos meus plans crear unha editorial como esta, e publicar libros tan fermosos coma este. Ou, alomenos, libros con portadas así de boas e contidos tan mediocres como todos os demais..

Por suposto crearei esa editorial na capital editorial da Galiza ( pausa valorativa). Capital asardiñada da gueivota. Gueivota coma rata do ceo, non como luminosa máquina de voar.f. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1108084450597891022005-02-11T01:54:00.000+01:002005-02-15T17:27:46.516+01:00Como xa uso este blog somentes como almacén de ligazóns, aí va un feixe delas:

Por suposto compre comezar recomendando a estupenda opera prima da pouco "prima" estrela mediática e nembargantes amiga, Almu.

Non é improbable que algún día atopemos o libro de Almu neste blog  no que podemos atopar as cubertas dos libros que aparecen na prestixiada lista do Niu Llor Taims.

O blog de Keith Tam, profesor de deseño e tipógrafo. A súa fonte Arrival xa está na miña lista da compra.

Un blog sobre deseño de xornais con especial atención a novidades dentro do sector e redeseños de cabeceiras famosas. Ogallá os responsables de certo periodico local tome nota. Mesmo conseguiría ser mais Xornal que Local.

Os resultados dun concurso de deseño no que me gustaría destacar esta aportación, esta e por suposto estaf. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1106337156374265422005-01-21T20:52:00.000+01:002005-01-21T20:52:36.373+01:00
f. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1103291350763166672004-12-17T14:46:00.000+01:002004-12-17T14:49:10.763+01:00wishlist¿Dixen por aqui que o meu "cumple" foi o venres pasado? ¿ e que o nadal xa está enriba de nós? Non, non o digo con doble intención, pero si alguén pensa que DEBE facerme un agasallo, eiqui van dúas suxerencias: unha e dous
f. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1103239010569581792004-12-17T01:11:00.000+01:002004-12-17T00:16:50.570+01:00tiporganismosPoucas veces teño ganas de remolla-los pés nas mornas augas da programación. Mais se a mesturamos coa tipografía, os meus dentes comezan a medrar.... Pasen e vexan.
f. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1101866098393384462004-12-01T02:45:00.000+01:002004-12-01T03:09:08.663+01:00Born in the U.S.S.A.Un auténtico panfleto norteamericano dos anos 60 en formato comic sobre os males do "godless communism". Pódese atopar eiqui. Só dicir que comeza cun prólogo do mesmísimo J. Edgar Hoover e tenta nos relatar a nova vida dunha familia media norteamericana se os Estados Unidos pasaran a estar baixo a dominación sovietica, mudando de súpeto na Unión de Estados Soviéticos de América.

f. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1101670303226642412004-11-28T20:23:00.000+01:002004-11-28T20:32:10.706+01:00letras con contidoXa é hora, querido pirata, de que merques as tipografías que usas. Esta é unha boa oportunidade de facelo, conseguir unha revista e un par de carteis deseñados por emigre e eboy, xa de paso axudarás en proxectos de construcción en India e darás unha oportunidade a alguns orfos de Uganda. Menudo choio.
f. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1101408622557663242004-11-25T19:39:00.000+01:002004-11-25T19:50:22.556+01:00Polo lomboEsta podería ser unha forma de organizar a miña biblioteca. Unha forma definitiva de abrazar a miña profesión e cargar o meu mosquetón detrás da bandeira da forma para darlle o seu merecido ó fondo.f. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1094424734682569382004-11-11T02:51:00.000+01:002004-11-11T03:28:39.983+01:00Política¿Cara onde nos diriximos se a esquerda sofre de complexo de Edipo e a dereita sofre dun agudísimo síndrome de Estocolmo?
f. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1097189676342635932004-10-19T23:57:00.000+02:002004-10-20T00:05:54.936+02:00O nome de Colombo.As leis de propiedade intelectual teñen (menos mal) limitacións. Hai unha morea de cousas que non poden ser rexistradas. Por exemplo os mapas. Semella lóxico que un non poida rexistrar como súa unha configuración xeográfica. Non podemos camiñar por unha paisaxe cuxa forma, cuxa relación espacial, cuxa imaxe mental sexa propriedade dunha persoa. Pero tamén sabemos que é un delicto coller un mapa dun atlas xa publicado, copialo e vendelo como se fora noso. O mapa, rexistro de fronteiras, é unha "tierra de nadie" no anguloso territorio do copyright.
Se un mapa dun territorio é exacto ( e, inocentes de nós, pensamos que tódolos mapas o son) non terá diferencias con ningún dos outros mapas dese espazo. Parecería entón imposible distinguir un mapa orixinal dun mapa plaxiado e sería moi probable que tódolos mapas foran meros clons dun só mapa orixinal, obra daquel primeiro xeógrafo que si se tomou as molestias de crear o plano primixenio partindo da súa propria medición. E xa podemos imaxinar que aqueles primeiros xeógrafos e agrimensores tiveron en conta esta contradicción e tomaron as súas precaucións para que ninguén vivise de duplicar o seu traballo. Imaxinando un caso de plaxio, pensaron que terían que demostrar ante un xuiz que o mapa plaxiado era en efecto unha copia, e non unha obra igual á súa, pero de creación propia.
A súa resposta a este problema foi sinxela: engadir no mapa un accidente xeográfico inexistente. Inventaron rios, vales, regatos, montes, fontes e fragas que rexistraron como certas e soterraron nun lugar remoto do terreo. Asi, si alguén fora copiar o seu mapa, reproduciría un accidente xeográfico que somentes existía nos seus imaxinativos miolos. Ese non-lugar inventado polo xeógrafo é unha tea de araña onde esperaba capturar o cartógrafo plaxiador.

Hai moitos anos, Fred L. Worth, un escritor norteamericano recopilou miles e miles de datos para un libro diso que os anglosaxóns coñecen como trivia, eses datos anécdoticos de tódalas disciplinas do coñecemento. O libro foi un gran éxito. Anos despois, unha compañía de xogos de lecer sacou á venda un novedoso xogo de mesa que arrasou nos anos oitenta. O seu nome era trivial pursuit. Cando Worth viu as tarxetas das preguntas, decatouse de que estaban extraidas literalmente do seu libro. A inicial carraxe foi seguida dunha sensación de espectación: A súa tea de araña tamén esperaba unha prea.
Tomando como exemplo as prácticas dos cartógrafos, Fred Worth deixou rexistrado un accidente inexistente no seu mapa do saber. Agochado na morea de datos, datas, nomes e feitos, introduciu unha combinación de pregunta e resposta que él mesmo inventou para evitar o plaxio. Rebuscando nas tarxetas do trivial pursuit, atopou a súa trampa: No apartado de televisión, leu a pregunta: ¿ Cal é o nome de pila do tenente Colombo?" e non tivo que revira-lo cartón para buscar a resposta. Él sabía que fora él mesmo quen inventara a resposta para esa cuestión, pois nos moitisimos anos nos que se emitiu esa serie nas televisións de todo o mundo, o nome de pila do tenente protagonista nunca foi revelado. Esa foi a base dun xuizo que enfrentou a Worth cos fabricantes do popular xogo de mesa e que non foi admitido a trámite porque os fabricantes do trivial pursuit demostraron que si usaran datos do libro de Worth mais tamén sacaran información doutras fontes. A tea de araña quebrou e a mosca fuxiu. Fronte a realidade inventada dos cartógrafos, os avogados fixeron valer outra realidade mais prosaica: Si un copia dunha soa fonte, é plaxio. Se copia de varias fontes, é investigación.

f. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1097892440699782512004-10-16T04:00:00.000+02:002004-10-16T04:07:20.700+02:00subdeseño desenrolado.Nunha conversación cun colega de profesión que traballa no estado, xurde o tema da pretenciosidade no deseño gráfico. A conclusión á que chegamos é que esta é un rasgo dos mercados subdesarrollados. É neses eidos nos que o deseño gráfico ten que rechamar para xustificar a inversión, ten que prometer o que non é e, o peor de todo, neses mercados do subdesarrollo, o deseño é de diseño.
f. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1097020268090922262004-10-06T01:42:00.000+02:002004-10-06T03:00:46.716+02:00Nota MentalReler unha e outra vez este post en design observer sobre ese desastre chamado ITC Garamond. Tentar entendelo. Meter un comentario absurdo e engadir ao curriculum: Colaborou nun texto con Mathew Carter, Erik Spiekerman e Jonathan Hoefler. Reler outra vez. Tentar entender os razonamientos. Tentar entendelo todo.

f. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1095977405625590702004-10-04T16:56:00.000+02:002004-10-05T03:58:51.386+02:00O guionista interior.Asomeime pola fiestra, alguen berrou que o asasino subía polas escaleiras nese intre, cunha refén nos brazos e un coitelo nas mans. Corrín cara a porta. Estaba entreaberta, coas chaves postas. Detivenme aterrado: que podía facer? ficar quedo e silencioso confiando que o asasino pasase de piso e seguise cara arriba? ou lanzarme cara a porta dun salto e tentar pechala co meu corpo dunha vez?...

Ese foi o remate dun soño meu de hai uns días. Podemos dicir que é un soño convencional, con ese ambiente de película de suspense, con toda-las compoñentes clásicas do terror psicolóxico mil veces vistos no cinema. Ao guionista interior prestoulle facer unha obra de xénero. Nada de valor esta vez, un producto standard para un telefilme de domingo.
A piques estaba de despedir fulminantemente o meu guionista interior coa auga da ducha cando pensei nas chaves. Achegábame a porta pensando en pechala silenciosamente e vin as chaves postas na cerradura, brilantes. E lembro que pensei nas consecuencias de pecha-la porta, coas chaves aí, facendo o ruido que me delataría. Lembro ese xiro no guión, esa contrariedade que precipitou os acontecementos, ese dato que forzou o dilema entre permanecer agochado ou saltar sobre a porta, sen posibilidade de mezclar as alternativas e pechar a porta caladamente. Un recurso ben metido, un truco caseque imperceptible, coma os trucos deben ser. Lembrei as chaves na porta que me separaba do asasino e decidin darlle o meu guionista interior outra oportunidade mais, non fora que estivese a tirar un talento que eu non teño esperto.
f. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1096031944600234492004-10-03T17:47:00.000+02:002004-10-03T06:27:10.283+02:00nushu

f. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-7967143.post-1095561864281917812004-09-19T04:21:00.000+02:002004-09-19T06:35:53.296+02:00Atrapar a Shakespeare.Disque as obras de William Shakespeare foron editadas coma pamfletos de baixa calidade chamados quartos polo xeito en que foron impresos. Estás edicións pataconeiras son as únicas fontes que os estudosos manexan para albiscar no universo do escritor que non deixou manuscritos. Ao xa coñecido misterio ao redor da identidade do escritor inglés, temos que engadir a incertidume que rodeia os proprios textos definitivos da súa dramaturxia. Shakespeare fuxe dun chimpo cando os miróns o queren atrapar.

Cada un dos quartos conten un texto lixeiramente modificado da obra. Dalgúns se pensa que funcionaron coma work in progress, coma versións de traballo do autor. Doutros mesmo se pensa que son a transcripción das lembranzas dun actor que participou nalgunha representación da obra orixinal. Shakespeare convértese asi nun disque-disque e vólvese a agochar dos que o persiguen. Si a investigación continúa, atoparán mais verbas e mais bocas que se enredan na orixe da súa obra ata facer dela unha maraña impenetrable. Os textos tamén son as veces prantas que se pechan sobre si mesmas.
Sexa o que for, a beleza tipográfica e formal dos quartos tal coma foron impresos é innegable. E o website da British Library encol do tema é un lugar perfecto para tentar atopa-la pista do coello que sae da chisteira forrada de pel de coello que algún día pode ser que pertencese a Shakespeare.
f. g. gagohttp://www.blogger.com/profile/10785253712324153211noreply@blogger.com